martes, 8 de diciembre de 2015

Arte Urbano

A realización deste traballo en grupo sirveunos para saber máis de nós e dos demais, ao mesmo tempo que emplexamos os nosos coñecementos adquiridos ao largo destes dous cursos en artes.
Por un lado, descubrín que o mundo laboral non é tan perfecto como parece, xa que cada quen fai o traballo como mellor lle convén, ainda que o meu grupo non tivo problemas á hora de imprimir ou pegar os carteis.
Por outro lado, aplicamos as tecnicas de debuxo, encadre, texturas... e o máis importante, démoslle uso á nosa imaxinación.
No meu caso, xunto con Esteban e Esther, enlazamos as ideas de cada un para obter este resultado. Queríamos que tivese profundidade, que fose colorido, orixinal e que trasmitise algo, liberdade. Dándolle uso á unha rede social atopamos esta bonita imaxe,
A partir desta, comezaron a salir as nosas ideas. Quixemos representar a liberdade de maneira que da xaula das costelas da rapaza salisen paxaros. Paxaros bonitos e coloridos que voasen cara a luz e non verse máis encerrados. Polo contrario, unha bandada de corvos que traen o mal. 
Con todo esto queremos reivindicar a liberdade, liberdade de expresión, non queremos estar suxeitos a nada nin a nadie co fin de ser feliz. 

O boceto da rapaza fixoo Esteban e ester foi quen a coloreou aparte do fondo.

Eu encargueime do cabelo e dos paxaros.
Os materiais que empregamos foron: ceras, lápices de cor, rotuladores, bolígrafos e grafos.
Por último fixemos unha fotomontaxe grazas ao noso mestre.

Logo de facelos, escanealos, levalos á imprenta... tocou pegalos nunha casa abandoada da calle Principal de Boiro.

 Hai que dicir que foi un día megadivertido, no cal nos pudemos xuntar os compañeiros fóra da clase e facer cousas fóra da rutina. Encantaríame volver a repetilo!
Todos os méritos son hacía o noso profesor Pascual V.





No hay comentarios:

Publicar un comentario